Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra vela pola calidade de vida das coidadoras

A Pobra. Mellorar la calidade de vida das mulleres que exercen de coidadoras de persoas dependentes é o obxectivo do obradoiro Coidando as que coidan, que promove a concellería de Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular Charo Varela.

Con esta acción preténdese previr e intervir na sobrecarga xerada por un labor que asumen maioritariamente as mulleres e que pode acabar repercutindo negativamente na súa calidade de vida e na súa saúde, ademais de influír na calidade dos coidados.

O obradoiro consta de seis sesións, durante as cales se traballará con base nas dificultades e experiencias das mulleres asistentes a través de dinámicas psicoeducativas, teórico-prácticas e participativas. A primeira clase tivo lugar este luns e as vindeiras serán os días 6, 13, 20 e 27 de febreiro e 6 de marzo, en horario de 16.00 a 18.00 horas, nas dependencias dos Servizos Sociais e de Igualdade, fronte á casa consistorial.

As persoas interesadas en obter máis información sobre esta acción formativa ou en facer as inscricións, que son de balde, poden facelo a través do enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou chamando ó número de teléfono de contacto 981 832 764, marcando a extensión 6. s. s.

31 ene 2023 / 14:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.