Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Policía Local activa en Noia unha campaña de control de residuos

Noia. A concellería de Medio Ambiente do Concello de Noia, co obxecto de garantir e velar pola convivencia veciñal, iniciará unha campaña de vixilancia e control aleatoria a través da Policía Local, en distintos puntos do termo municipal. “Incidirase no cumprimento do Regulamento de Limpeza Viaria municipal relacionada co depósito axeitado das feces de cans, uso correcto dos contedores de lixo e cartóns e vixilancia do vandalismo en bens públicos”, sinalou este martes Martín Fernández Godón, concelleiro de Medio Ambiente de Noia.

Neste sentido, o munícipe aproveitou a ocasión para recordar á veciñanza que teñen á súa disposición un punto limpo no polígono de Augalevada. Unha instalación que abre de luns a sábados polas mañás e tamén o xoves pola tarde. As persoas interesadas poderán solicitar a recollida de enseres e de cartón directamente á empresa encargada da xestión chamando ao teléfono 981 191 240. m. c.

27 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.