Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta declara a Festa do Percebe de Aguiño de Interese Turístico de Galicia

O Consello da Xunta aprobou este xoves o proxecto de acordo polo que se declara Festa de Interese Turístico de Galicia a Festa do Percebe de Aguiño (Ribeira). Unha vez examinada a solicitude presentada e tras os trámites preceptivos, emítese informe favorable ao cumprir os requisitos esixidos, como a singularidade, o valor cultural, o arraigamento da festa, a creatividade e innovación no desenvolvemento do evento, o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración da festa e para a recepción de visitantes, a afluencia de visitantes ou o adecuado coidado das contornas urbanas, monumentais ou paisaxísticas onde se desenvolve.

A Festa do Percebe de Aguiño ten lugar a primeira fin de semana de agosto. Celébrase desde hai 22 anos e ten o percebe e as súas diferentes elaboración como

protagonista dunha celebración que xira arredor deste recurso, principal fonte de riqueza do municipio. Trátase da cita de exaltación gastronómica máis importante de Ribeira e con esta distinción recoñécese o traballo que xira ao redor da recolla do percebe, un oficio artesanal único.

19 may 2022 / 21:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.