Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta eliminou límites de renda, prezo e tempo do plan Respiro Familiar

RIBEIRA. A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou nunha visita ó centro de día público para persoas con alzhéimer de Ribeira que a Xunta simplificou os trámites e eliminou os límites de renda, prezo e duración do novo programa Respiro Familiar, co que persoas dependentes ou con discapacidade realizan estancias temporais en residencias que facilitan o descanso dos coidadores. Explicou que a nova orde de trae consigo modificacións como a eliminación dos catro tramos de renda do solicitante, o custo da praza da residencia e, ademais, xa non haberá os 15 días de duración máxima. A Xunta investirá 600.000 € para financiar o 100 % dunha estancia en calquera residencia de Galicia sen límite de tempo e ata un máximo de 1.500 € ou achegará un máximo de 1.000 € para aboar o custe dun coidador no fogar. S. Souto

08 jun 2021 / 14:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.