Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 30 noviembre 2021
00:01
h

A Xunta impulsa con 48.000 euros a promoción do xeodestino Barbanza-Arousa

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo este venres unha reunión de traballo cos representantes da Mancomunidade Barbanza-Arousa para analizar as iniciativas que se están levando a cabo e que se van activar no marco do convenio asinado entre dita entidade e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, que contempla un investimento de 48.000 euros para a subvención de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo. Pola súa parte, a Mancomunidade tamén levará a cabo unha achega de 12.000 euros.

Trenor destacou que este apoio económico permitirá a promoción do turismo náutico e gastronómico dos concellos. Concretamente, no eido do turismo náutico apoiarase a creación dun equipamento dunha rede de bases náuticas e no eido gastronómico promocionarase a marca Conserva A Orixe e a organización do evento Barbanza Arousa+Que Tapas.

O convenio tamén contempla a posta en valor do Camiño A Orixe. Ademais, inclúe a proposta de elaboración dun produto turístico de calidade para esta zona, a creación dun banco fotográfico e a asistencia a feiras turísticas.

O delegado da Xunta subliñou que “Barbanza-Arousa é un dos destinos galegos que se caracteriza pola súa implicación e esforzo no desenvolvemento de produtos turísticos innovadores” e engadiu que para “continuar traballando neste liña, este convenio de colaboración establece as bases para a subvención de actividades para seguir colocando esta zona entre os principais destinos turísticos entre os visitantes que se achegan a Galicia”.

Os obxectivos que recolle pasan pola consolidación do xeodestino Barbanza-Arousa como destino accesible; o afianzamento da colaboración público-privada a través da cooperación do sector turístico empresarial da zona e a realización de actividades de promoción; e a creación dunha Imaxe que, ademais de ser representativa do xeodestino, implique á industria da zona no seu desenvolvemento.

Na reunión participaron tamén a xefa territorial da Consellería, María Barreiro; os alcaldes de Rianxo, Adolfo Muíños, e A Pobra, Lois Piñeiro; a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro; o concelleiro de Turismo de Boiro, Carlos Rodríguez; e a xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro.

15 oct 2021 / 18:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.