Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta saca a licitación as obras do punto de encontro familiar ribeirense

Será o primeiro centro de Galicia destas características ubicado fóra das sete cidades

Ribeira. A Xunta de Galicia sacou onte a licitación as obras para a construción do Punto de Encontro Familiar de Ribeira, que contará cun investimento de 156.000 euros, aos que hai que engadir outros máis de 150.000 € anuais para o seu mantemento. Este punto permitirá que as nais e pais separados ou en trámites de separación do Barbanza realicen as visitas que lles corresponden dun xeito seguro.

Este procedemento determina os requisitos técnicos que deberán reunir as empresas interesadas, que deberán presentar a súa solicitude para facerse cargo dos traballos. O prazo de execución dos mesmos é de catro meses, polo que se estima que o centro estea listo para a súa apertura no último cuadrimestre deste ano.

Trátase dunhas instalacións diáfanas de 134 metros cadrados situadas nun edificio da rúa Perú, no lugar de Fontán, moi preto da futura comisaría, actualmente en construción. Será un servizo destinado a atender ás veciñas e veciños de toda a comarca, que agora se teñen que trasladar a Santiago para realizar estas visitas. O Concello de Ribeira converterase deste xeito no primeiro de Galicia en contar cun Punto de Encontro Familiar fóra das sete cidades.

Destacar que o Goberno galego ampliou nos pasados meses o horario de todos estes centros de 5 a 7 días á semana para cumprir as medidas xudiciais e atender os protocolos anti-COVID. m. c.

16 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.