Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta vai cofinanciar as obras de mellora da depuradora de Outes

OUTES. A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, trasladoulle ao alcalde de Outes, Manuel González, a disposición da Xunta a cofinanciar un terzo das obras de mellora da depuradora desta localidade. O anuncio fíxose despois de que Gutiérrez mantivera onte un encontro co rexedor outense para abordar o impulso deste proxecto de saneamento. Segundo informaron dende o Executivo galego, a directora indicou que Augas de Galicia lle remitirá ao Concello unha proposta de convenio de colaboración para poder axilizar a súa tramitación e avanzar nas actuacións. A administración local licitará e executará os traballos. O proxecto construtivo, que están a ultimar dende o goberno local, prevé un orzamento de 300.000 euros para acometer a reparación da planta coa fin de incrementar a eficiencia no seu funcionamento. m. t.

21 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito