Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abanca alíase ca patronal da construción do Barbanza para mellorar a competitividade das empresas do sector

A entidade Abanca e o Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB) veñen de asinar un convenio de colaboración que consolida o compromiso da entidade financeira coa viabilidade e o crecemento do sector da construción en Galicia. O documento foi asinado en Ribeira polo presidente do CECB, José Manuel Dios Tomé, e polo director da oficina de Abanca na rúa de Galicia de Ribeira, Francisco José Sampedro González. Mediante este acordo, o banco pon a disposición dos empresarios un plan de financiamento para dar resposta de forma íntegra ás súas necesidades.

No documento recóllense unha serie de produtos e servizos aos que teñen acceso e que lles permitirán levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade dos proxectos actuais. Ademais, os empresarios asociados contan cun amplo catálogo de produtos deseñados especificamente, como os préstamos persoais e hipotecarios, con amplos prazos de amortización, a posibilidade de carencias e intereses moi competitivos.

No convenio tamén se recollen solucións para as necesidades máis inmediatas que demandan as actividades diarias. Así, o colectivo contará con outros produtos e servizos, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, confirming, factoring ou avais. Abanca tamén opta por reforzar o seu compromiso coas empresas adheridas e co sector mediante a activación das liñas de financiamento do organismo público ICO.

Os membros do CECB poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques e outros servizos realizados de maneira habitual. O banco tamén lles ofrece a banca electrónica e tarifas personalizadas na alta e mantemento dos dispositivos TPV físicos e virtuais. Coa contratación destes últimos, que aumentaron a súa importancia no último ano debido ás necesidades de distanciamento social, aplicarase un desconto dun 20 % na creación das tendas online.

O Centro Empresarial da Construción do Barbanza, creado en 2001, está formado por 84 empresas e autónomos que pertencen a diversos colectivos do sector da construción. O obxectivo principal da asociación é a transformación e impulso do sector na comarca do Barbanza.

30 abr 2021 / 17:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.