Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abandonan unha furgoneta a escasos metros de onde a acababan de roubar en Ribeira

A Policía Local de Ribeira recibiu este martes ás 07.10 horas un aviso polo roubo dunha furgoneta de reparto de xornais no parque García Bayón. Logo de que unha patrulla acudise ao lugar, a furgoneta foi localizada no Paseo das Carolinas á altura da rotonda de entrada ao porto deportivo, aberta e coas chaves postas, sen que se observase ninguén pola zona. Ás 08.00 horas fíxose entrega do vehículo (unha furgoneta Citröen Berlingo) ao dono e ao condutor, non faltando aparentemente nada do seu interior nin sufrindo danos materiais. Barállase a hipótese de que mentres o condutor estaba a repartir os xornais, alguén aproveitou para entrar na furgoneta e levala, xa que tiña as chaves postas.

17 may 2022 / 18:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.