Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ábrese a pesca da anguía o día un de maio no río Tambre

Noia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia a aprobación do plan de aproveitamento da anguía na desembocadura do río Tambre durante a vindeira tempada. Os naseiros con autorización da confraría de Noia (que conta con dúas embarcacións que exercen) poderán pescar este ano unha tonelada desta especie.

Segundo a resolución, o período de actividade estenderase do 1 de maio ao 30 de setembro e desenvolverase no tramo do río comprendido entre a liña que une Punta Testal con Punta Requeixo e Ponte Nafonso, excepto a desembocadura do río Tines.

Asemade, como nas campañas anteriores, as capturas realizaranse cunha nasa especial, de tipo voitirón, e terán unha dimensión mínima de vinte centímetros. En canto ao horario autorizado para levar a cabo esta práctica, este vai desde as 12.00 horas do luns e ata as 12.00 do sábado, cun máximo de oito horas diarias de traballo. m. c.

04 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.