Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acordo en Noia para pór en marcha unha plataforma de venda on line

Noia. O BNG de Noia valorou positivamente a disposición da mesa de comercio local para a posta en marcha dunha plataforma de comercialización que permita aos negocios de todos os sectores do municipio ofertar os seus produtos por internet. Unha iniciativa dos nacionalistas que quedou sobre a mesa na última sesión plenaria.

Tras a reunión, os nacionalistas mostráronse satisfeitos cos resultados acadados, xa que “as diferentes forzas políticas e o colectivo empresarial Noia Histórica concordaron na importancia de poñer en marcha este servizo”, afirmou o portavoz da formación, Ricardo Suárez, quen adiantou que a patronal “adoptou o compromiso de traballar nunha proposta” que será presentada no vindeiro encontro, que terá lugar o próximo 23 de febreiro.

O voceiro tamén sinalou que agardan “a posta en marcha dunha plataforma que inclúa a todo o empresariado e a todos os sectores o máis axiña posible”, pois é un servizo “que xa debera existir, como acontece en moitos municipios da contorna”.

Ademais, dende o BNG resaltaron a necesidade de renovar a composición da mesa de comercio local para que esta sexa “máis plural”. m. t.

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.