Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Activan o plan de axuda para os escolares ribeirenses

Ribeira. O Concello de Ribeira abriu este mércores o prazo de presentación de solicitudes (que estará aberto ata o día 21) para optar á concesión de axudas aos escolares para libros, material e comedor.

As subvencións están dirixidas ao alumnado de centros docentes públicos e concertados de educación Infantil, Primaria e Secundaria do municipio e a tal efecto cóntase cunha partida orzamentaria de 40.000 euros, dos cales 2.000 son para a adquisición de libros e material escolar e 38.000 para comedores.

Cómpre resaltar que os libros e material escolar para educación Infantil só poderán adquirirse exclusivamente no comercio local como unha medida para apoiar ao sector. No que se refire ao comedor, a contía é de 5 euros máximo por alumno ao día.

Por outra banda, o convenio asinado coa Xunta permite beneficiar aos mozos e estudantes de Ribeira de ata 21 anos coas vantaxes inherentes á Tarxeta Xente Nova, podendo ir de balde no transporte público de Galicia.

Ademais, o plan de mobilidade de transporte urbano escolar aos centros concertados posibilita axudas directas ás familias usuarias dos autobuses reducindo o prezo mensual a pagar. E, a maiores, o Concello sufraga unha subvención pola que, facendo uso da tarxeta de transporte, as viaxes polo municipio de estudantes ata os 28 anos ven rebaixado o prezo do billete de 1,50 a 0,60 euros, según lembrou a edil de Servizos Sociais, Ana Barreiro. s. s.

01 sep 2021 / 14:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.