Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adisbismur adquiriu maquinaria para os seus obradoiros grazas á X Solidaria do IRPF

Muros. A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) dotou de equipamento ós obradoiros que desenvolve a través dunha subvención na convocatoria do 0,7 % do IRPF de 4.295 €, que investiu na compra de maquinaria, como unha cepilladora, unha serra de cinta, unha lixadora e dous pirograbadores para o obradoiro de cestería e unha moto sachadora, un cortadora de sebes, un corta céspede, unha motoserra e malla de solo para o de viveirismo.

A adquisición deste material foi posible co financiamento da Xunta a través da convocatoria de subvencións daquelas persoas contribuíntes que na súa declaración da renda marcaron o recadro de actividades consideradas de interese social, coñecida como a X Solidaria.

Ditos obradoiros, nos que participan 48 usuarios da entidade, facilitan a integración social e laboral das persoas con discapacidade, favorecendo a súa inserción laboral ademais de ofrecer formación específica e a habilitación persoal e social.

Outro dos beneficios que supón a adquisición do material é que consegue facilitar o traballo dos usuarios e mellorar a produción. s. s.

07 dic 2020 / 15:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.