Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudicada a reforma da vía Rianxo-Burés por Asados

Rianxo. A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 284.659 euros as obras de renovación e mellora da capa de rodaxe da estrada provincial DP-7202, no concello de Rianxo, que vai de Rianxo a Burés por Asados, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 3+025.

Segundo indicou o deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, os traballos a levar a cabo na estrada, que está nas inmediacións do núcleo de Rianxo e a capela de Santa Lucía, consistirán, en primeiro lugar, na limpeza da vía e da beiravía para, posteriormente, aplicar sobre a plataforma unha capa de asfalto de 5 centímetros de espesor.

Ademais, o proxecto inclúe a realización de barbacanas (rebaixe das beirarúas nos pasos de peóns existentes co obxectivo de rebaixar mellorar así a accesibilidade para os peóns que fan uso da vía).

Por último, procederase á posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes e tamén á reposición das marcas da vía, bordes, pasos para peóns e inscricións, así como as unidades de sinalización vertical necesarias.

O prazo de execución destes traballos será de cinco meses a partir do inicio das obras, según indican dende a institución provincial. s. s.

23 may 2022 / 15:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.