Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Adxudican a redacción do proxecto da nova depuradora lousamiá

Quintáns e A Costa

Lousame. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou o contrato para a redacción do proxecto construtivo da rede de saneamento e da nova estación de tratamento de augas residuais de Lousame, que dará servizo aos núcleos de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns e A Costa.

O contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 15.000 euros, foi adxudicado á empresa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L. Os traballos

contan cun prazo de execución estimado de seis meses.

Con este contrato, indican dende a Xunta, o departamento que preside Ethel Vázquez responde á nova solicitude de colaboración do Concello lousamiá, tras terse confirmado por parte de Augas de Galicia a viabilidade da execución destas infraestruturas hidráulicas na parcela inicialmente proposta pola entidade local para a construción da nova depuradora.

Os traballos consisten na definición do proxecto de execución dunha estación depuradora de augas residuais de tecnoloxía CBR para 382 habitantes equivalentes, á que chegarán as augas residuais dos mencionados núcleos a través dunha rede de saneamento composta por cinco colectores, dous principais e tres secundarios, ademais dunha impulsión.

ANTECEDENTES Os técnicos de Augas de Galicia constataron, nunha visita á zona, o problema descrito polo Concello tamén nos núcleos de Berrimes, As Quintáns e A Costa, situados na marxe esquerda do río Pesqueira, que actualmente depuran as súas augas na mesma depuradora que os núcleos da marxe dereita do citado río.

O proxecto encargado pola administración municipal situaba a nova depuradora nunha parcela delimitada por dous cursos de auga, o río Pesqueira, pola cara oeste, e un rego sen denominación, pola cara norte.

Atendendo á petición do Concello, Augas de Galicia adxudicou o pasado ano a redacción dun estudo de alternativas para analizar diferentes opcións e acadar a solución máis axeitada, tendo en conta diferentes factores. O resultado destes traballos permitiron verificar a viabilidade da parcela e propor a mellor alternativa, para a implantación e o proceso. m. C.

14 jul 2021 / 20:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.