Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudican as obras da ponte sobre o Pesqueira

Lousame. A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 176.300 euros as obras de terminación da nova ponte sobre o rego Pesqueira na DP 4202 de Aldea Grande a O Couto, en Lousame. Os traballos quedaran paralizados o pasado ano debido á quebra da empresa adxudicataria.

Segundo sinalaron dende a institución coruñesa, esta actuación permitirá ampliar a plataforma da ponte sobre o rego Pesqueira de 5 a 12 metros e ofrecer un itinerario peonil seguro para os veciños. O proxecto tamén contempla a construción de beirarrúas de 2,25 metros de ancho en cada marxe do viaduto, permitindo deste xeito cruzar a pé con total seguridade, así como a mellora do firme tanto na infraestrutura como nas inmediacións da mesma.

Así mesmo, o ancho da nova plataforma permitirá a execución de dous carrís de 3,5 metros para a circulación de vehículos. As obras financiadas pola Deputación incluirán o acondicionamento da estrada DP 4202, para ampliar gradualmente o ancho da calzada ata alcanzar os 12 metros nas inmediacións da nova ponte. m. cano

11 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.