Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aguiño festexa cun concerto para os cativos o Día das Letras Galegas

Sonsoles Penadique e Vero Rilo presentarán ‘Contos na punta da lingua’ na aula musical

Ribeira. A asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño (Ribeira) vai conmemorar o Día das Letras Galegas o vindeiro luns no conservatorio da parroquia, ás 19.00 horas, cun espectáculo musical a cargo de Rilo & Penadique titulado Contos na punta da lingua.

Sonsoles Penadique leva a parte musical e Vero Rilo a narración oral. Na súa proposta narran, cantan e musican contos, fusionando o mundo da infancia coa palabra e a música e dando lugar a espectáculos de narración oral para público infantil e familiar. A duración do concerto é de case unha hora.

Aplicaranse todas as medidas do protocolo fronte á pandemia, polo que neste caso e para esta celebración se determina o aforo nun máximo de sesenta e cinco persoas sentadas, separadas por convivintes, previa confirmación de butaca tras solicitude ao correo electrónico aflm.aguinho@gmail.com.

Todos os nenos e nenas que ese día leven un debuxo alusivo ao Día Letras Galegas recibirán como agasallo un peto azul conmemorativo. Os debuxos serán publicados posteriormente no perfil de Facebook da entidade.

Do mesmo xeito, todos os nenos e nenas participantes na actividade que a asociación organizou durante o confinamento (de marzo a xuño) baixo o lema Euquedonacasa, e non o fixeran xa, poden recoller no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira o estoxo para máscaras conmemorativo das Letras Galegas do ano pasado, dos que xa se repartiron un cento. s. s.

07 may 2021 / 17:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.