Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aguiño homenaxeará esta fin de semana ca Semana Cultural a Andrés Torres Queiruga

Ribeira. A asociación cultural Francisco Lorenzo Mariño, de Aguiño (Ribeira) celebrará esta fin de semana a decimosétima edición da súa Semana Cultural, que inclúe unha xornada de homenaxe ó teólogo local Andrés Torres Queiruga.

Os actos comezarán este venres ás 20.30 horas na Aula de Música da parroquia coa charla titulada Seguindo as pegadas de Andrés, a cargo de Xosé Manuel Pensado Figueiras, párroco de Mazaricos, membro do Consello de Encrucilladas e antigo alumno do homenaxeado.

A continuación terá lugar a actuación musical de Iago Teira, estudante do Conservatorio de Música de Ribeira, quen interpretara ó piano varias pezas de Albéniz e Chopin. Ó remate, servirase un viño galego.

O sábado 28, no mesmo lugar e á mesma hora, terá lugar un monólogo a cargo do humorista Duarte Galbán, titulado Vello ós vinte e pico. E o domingo 29, tamén na Aula Musical de Aguiño, ás oito e media da tarde, celebrarase o espectáculo infantil e familiar de Paco Nogueiras titulado Radio Bule Bule.

A entrada para poder asistir a todas estas actividades é de balde. Andrés Torres Queiruga é Socio de Honra da mencionada asociación cultural ribeirense e Aguiñés de Honra dende o ano 2009. s. souto

26 may 2022 / 14:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.