Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aguiño lembra a Lorenzo Mariño con teatro, misa, música e charlas

Ribeira. Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño (Ribeira) celebrará do 20 ó 22 deste mes a XVIII Semana Cultural. O programa comeza o venres coa conferencia do historiador e escritor Daniel Bravo Cores titulada Aguiño e a súa entrada na Historia. Será ás 20.30 horas no conservatorio da parroquia.

Logo haberá un concerto da Orquestra Nova Sons, formada por preto de vinte integrantes de distintas idades que compoñen a canteira da orquestra Sons do Mar de Aguiño. Rematará cun ágape para todos os asistentes.

O sábado serán os actos do 19 aniversario do pasamento do párroco Francisco Lorenzo Mariño. Ás 17.00 horas farase unha ofrenda floral co acompañamento dun grupo de gaiteiros e lerase un manifesto no cemiterio de San Vicente de Noal, en Porto do Son, onde está soterrado, e despois oficiarase unha misa na igrexa parroquial de Aguiño ás 19.00 horas. Ás oito da tarde, a compañía Charamela de Melide representará a obra de teatro Adulterio decente no citado conservatorio.

O domingo, os máis cativos terán a oportunidade de asistir a un concerto infantil e familiar a cargo de Brais das Hortas baixo o título Consertasso na horta, ás 18.00 horas, tamén no conservatorio. s. s.

16 ene 2023 / 16:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.