Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Albariza lanza a convocatoria do seu premio de poesía

Ribeira. A asociación cultural Albariza, de Artes (Ribeira), ca colaboración do Concello, convoca a novena edición do seu concurso de poesía, ao que poden presentarse obras en lingua galega.

Establécense catro categorías: para autores de 9 a 11 anos (pezas poéticas de entre 20 e 30 versos); para os de 12 a 14 anos (obras de entre 25 e 50 versos), para os de 15 a 17 anos (entre 50 e 100 versos) e para maiores de 18 (composicións de entre 50 e 150 versos). Para cada unha das tres primeiras categorías haberá un primeiro premio consistente nunha placa conmemorativa, un vale para material deportivo ou escolar valorado en 150 euros e publicación da obra, e un segundo, consistente en placa, vale de 75 euros e publicación do traballo.

Pola súa banda, para a cuarta categoría (maiores de 18 anos) haberá un único premio con placa, 250 euros en metálico e publicación da obra. Nesta modalidade tamén poderá haber tres mencións premiadas con placa e publicación da obra.

O prazo de admisión de orixinais rematará o día 13 de xuño e o fallo do xurado farase público o día 26 dese mes.

A asociación cultural Albariza de Artes estará facultada para editar un libro cos poemas seleccionados. s. souto

09 may 2022 / 13:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.