Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alfaia animará o Samaín en Ribeira con baile, unha exposición e talleres

RIBEIRA. Por iniciativa da asociación Alfaia e a Concellería de Cultura de Ribeira, este domingo 31 de outubro e o luns 1 de novembro na carpa multiusos municipal situada xunto ao mercado de abastos terá lugar un programa de actividades para celebrar o Samaín. A acción arrancará a partir das 18.00 horas do domingo cun gran espectáculo de baile a cargo do grupo de Alfaia. Asemade, nesta mesma xornada, de 18.00 a 21.00 horas –e tamén o luns, entre as 12.00 e 21.00 horas– terá lugar unha exposición de monstros. A maiores, dende a administración municipal avanzaron igualmente que o 1 de novembro haberá obradoiros adicados ao maquillaxe dende as 16.00 horas. A entrada é libre e gratuíta. Así, un ano máis, a asociación cultural Alfaia potencia a festa do Samaín na mesma capital do Barbanza. m.T.

27 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.