Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alíanse Muros e Carnota cun obradoiro de revestimentos

Muros. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aprobou o desenvolvemento do obradoiro dual de emprego Costagrande, promovido polos concellos de Muros e Carnota. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de doce meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

A Administración autonómica aportará 503.987 euros para financiar os custes de formación e funcionamento, así como os do alumnado participante. Participarán vinte alumnos e alumnas e as especialidades formativas serán as de revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción (solados, azulexado e chapados con baldosas e pezas cerámicas, de pedra natural ou artificial, vidro e outros materiais) e confección e publicación de páxinas web (con textos, imaxes e outros elementos, utilizando linguaxes de marcos e editores apropiados, segundo especificacións e condicións de usabilidade dadas, e procedementos de instalación e verificación destas no servidor correspondente).

A data de inicio do obradoiro é o día 19 de setembro. s. s.

17 ago 2022 / 18:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.