Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnado do IES Espiñeira adentrouse no Coworking

A Pobra. O Coworking da Pobra do Caramiñal ofreceu unha xornada de emprendemento a alumnado do IES Espiñeira, de Boiro, que cursa o ciclo superior de Administración e Finanzas. Alí puideron coñecer as instalacións do espazo de traballo colaborativo e da Casa da Mocidade, ademais dos recursos que pon a administración local ao dispor das persoas que desexen crear a súa propia empresa.

Xunto con Fátima Rodríguez, encargada da asistencia técnica, compartiron experiencias e ideas de negocio, ademais de coñecer as vinculadas a este coworking.

Dáselles así continuidade ás xornadas que organiza periodicamente a concellaría da Promoción Económica, como, por exemplo, o campus de emprendemento con perspectiva de xénero que tivo lugar no mes de xuño.

Esta visita atópase adscrita ás Aulas de Emprendemento do IES Espiñeira a través dunha axuda da Xunta dirixida aos centros educativos para estimular o espírito emprendedor entre o alumnado.

Creado en 2017, o Coworking da Pobra consta dunha área de 143’23 m2 con capacidade para acoller 10 iniciativas. En 2022 formalizouse a súa integración na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo. ecg

07 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.