Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alumnado do obradoiro de emprego acondiciona sendeiros en Carnota

Carnota. O alumnado do obradoiro de emprego Portaventosa está efectuando tarefas de mantemento nos sendeiros locais de Os Mouchos no Pindo e de Mar de Lira, no concello de Carnota.

Segundo sinalaron fontes municipais, estes traballos están a ser realizados pola especialidade de aproveitamentos forestais e actividades auxiliares de conservación e mellora de montes, onde dez alumnos se forman en traballo de apeo de árbores con motoserra para o seu aproveitamento económico e procesado de madeiras e leñas, así como podas e rozas, todo elo complementado con formación en prevención de riscos laborais e medioambientais no uso de maquinaria forestal.

Posteriormente, está previsto que o outro grupo de alumnos, da especialidade de revalorización de espazos públicos, efectúe o mantemento de pasarelas de acceso ás praias “coa substitución de madeiras en mal estado, así como arranxos e endereitamentos de taboleiros das varandas dos paseos e o mantemento de listóns en mal estado por outros tratados para inclemencias exteriores”, apuntaron as mesmas fontes.

Lembrar que o obradoiro Portaventosa é impulsado polos concellos de Muros e Carnota grazas á axuda autonómica. Estos talleres buscan mellorar a empregabilidade das persoas participantes mediante a formación, desenvolver varias actuacións de mellora en espazos públicos e colaborar con entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos. m. c.

03 jun 2022 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.