Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnos de 4º da ESO do Cernadas de Castro celebraron a gradación

LOUSAME. Unha trintena de rapaces e rapazas de 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame celebraron o seu acto de gradación e despedida do centro despois de 13 anos estudando nel. Un emotivo acto ao que asistiu a concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, quen estivo acompañada pola directora do centro, Pilar Cobas, así como por case un cento de persoas, entre profesorado, familiares e alumnado.

Silvia Agrafojo foi a encargada de abrir o acto, que tivo lugar no ximnasio do CPI Cernadas de Castro. A concelleira agradeceu o traballo levado a cabo polas familias e polo profesorado na formación destes rapaces e rapazas, de quenes dixo que “estamos moi orgullosos de todos vós e encantados de poder celebrar convosco este día tan especial”.

Aínda que “o mellor aínda está por chegar”, Pilar Cobas felicitou ao alumnado por “esta meta que acabades de conseguir: graduarvos en Educación Secundaria Obrigatoria e, polo tanto, ter o voso primeiro título oficial, que esperamos que sexa o primeiro de moitos máis”. A directora tamén agradeceu o traballo das familias.

O acto incluíu a proxección de vídeos recompilatorios deste último curso e dos 13 anos de estancia no colexio e rematou cunha emotiva entrega de diplomas. s. s.

24 jun 2022 / 17:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.