Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alumnos do CEP Salustiano Rey participaron na reforestación dun espazo natural en Cabío

A Pobra. Despois de que no pasado mes de xuño se acometese unha acción relativa ao aproveitamento madeireiro en dúas parcelas propiedade do Concello da Pobra, próximas ao campin de Cabío, actualmente estase procedendo á reforestación necesaria nunha superficie de 28.712 metros cadrados co obxectivo de recuperar este espazo natural para desfrute de veciñanza e visitantes.

Así, plantaranse trescentas cincuenta árbores frondosas autóctonas, como carballos, castiñeiros ou cerdeiras. Ao abeiro desta intervención e para concienciar ás novas xeracións no respecto e coidado do entorno, a concellería de Medio Ambiente desenvolveu este venres unha actividade con alumnado de quinto de Primaria do CEP Salustiano Rey, consistente na plantación de cento cincuenta exemplares.

A técnica municipal de Medio Ambiente, Beatriz González, indicou que se busca así “un vencellamento a esta área e que poidan desfrutar dela en tempos vindeiros”.

A empresa encargada de proporcionar as árbores e do acondicionamento do solo foi Xardinería Saborido, por un importe que ascendeu a 7.477 euros, IVE incluído. s. souto

21 ene 2022 / 16:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.