Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alvariño, centro dun contacontos ilustrado no CEIP outense

Esta actividade, que impulsa o Goberno galego, promove a loita contra os estereotipos

Outes. A Consellería de Emprego e Igualdade levou este xoves ao CEIP Plurilingüe de Outes unha nova sesión de contacontos ilustrados que, baseada no programa Donas de si, no que toma parte este centro educativo, revisou a traxectoria da oceanógrafa Ángeles Alvariño.

A actividade prevista estivo dirixida a alumnas e alumnos de educación infantil e primaria, co obxectivo de que coñezan e recoñezan figuras de mulleres que tiveron un papel relevante no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea para achegar a súa contribución aos eidos cultural, social, científico, artístico e político.

A iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade, insírese no programa Donas de si co que o Goberno galego traballa con 65 centros no eido da igualdade.

Lembrar que dito programa trata de favorecer a visibilización e potenciar o liderado das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega. Utilízanse estas figuras como punto de partida para traballar na aula o concepto da igualdade e para eliminar estereotipos de xénero.

protagonistas. Parte da escolma de mulleres protagonistas dos contacontos sae da publicación da colección Mulleres Galegas promovida pola Xunta e integrada por cinco biografías: a da mestra e pedagoga Ernestina Otero; a da oceanógrafa, Ángeles Alvariño; a da artista Maruja Mallo; a da editora María Victoria Moreno; e a da mestra e inventora, Ángela Ruiz. m. c.

07 abr 2022 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.