Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ambar activa a preventa do seu calendario máis solidario

Ribeira. Achéganse as festas de Nadal, e con elas a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional pon a disposición dos interesados a prevenda ou reserva do seu calendario solidario 2023. “Esta novena edición vai ser bastante especial xa que por primeira vez versará sobre doce das series españolas máis recoñecidas”, explicaron dende o colectivo.

Para a súa elaboración volveuse contar coa colaboración do fotógrafo Víctor Manuel Martínez (Pichero) que nestes momentos está traballando cos protagonistas do Calendario Solidario 2023. Este ten un custo de 7 € na súa versión de parede e 3,50 euros na de mesa. Pode reservarse tanto na web da entidade (asociacionambar.org) como nas canles habituais: chamando ó 981 874 480 ou escribindo un correo electrónico a correo@asociacionambar.org. As primeiras 20 persoas que o reserven recibirán un agasallo dos obradoiros artesanais de Ambar.

Cómpre lembrar que este proxecto, que comezou a súa andadura no ano 2015, é unha iniciativa para recadar fondos que sustenten os proxectos dirixidos a mellorar a autonomía e calidade de vida das persoas con diversidade funcional. Máis información na páxina web de Ambar. m. c.

18 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.