Ambar formará a menores de 30 con diversidade funcional
Ribeira. A asociación Ambar de Ribeira recibiu a resolución da Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade Uno a Uno da Fundación ONCE. Esta convocatoria ten como obxectivo contribuír a inserción socio laboral das persoas con diversidade funcional menores de 30 anos a través de programas de formación. Así, impartirá unha formación no sector da industria alimentaria (de 340 horas) e outra no sector agrario (de 320 horas).
Grazas á dotación económica subvencionada pola Fundación ONCE poderán asumirse os custos de contratación de persoal, material formativo, seguros e becas, entre outros gastos. m. c.
19 oct 2021 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.