Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ambar inicia un curso sobre operacións na industria da alimentación

Vai dirixido a persoas menores de trinta anos cunha discapacidade do 33 % ou superior

Ribeira. A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar de Ribeira vai impartir dende este luns no seu centro de Recursos de Frións un curso de operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria.

Celebrarase de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e está destinado a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos. Busca mellorar a inserción sociolaboral destas persoas a través de programas de formación.

Esta iniciativa é posible grazas á subvención da Fundación ONCE concedida na convocatoria de axudas económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade de persoas xoves con discapacidade.

Esta formación está destinada á ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria. O curso contará cunha fase teoría (220 horas) e outra práctica de formación nun posto de traballo (120 horas) dun total de 340 horas.

É para un máximo de dez persoas, gratuíta e conta cunha beca de asistencia de nove euros ó día na fase teórica.

Os requisitos das persoas participantes son ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos; estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; e ter unha diversidade funcional recoñecida igual ou superior ó 33 %.

As persoas que estén interesadas en saber se aínda quedan prazas dispoñibles ou en obter máis información sobre esta acción formativa poden chamar ao número de teléfono 981 874 480. s. s.

08 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.