Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amicos e La Caixa logran cinco insercións laborais

Impartiron un curso de prevención de riscos laborais a quince persoas con discapacidade de varios puntos da Comunidade

O centro integral da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, en Boiro, acolleu a entrega de diplomas dun curso de prevención de riscos laborais que se estivo desenvolvendo en modalidade virtual durante os meses de febreiro e marzo.

Participaron un total de 15 persoas con discapacidade de diferentes puntos de Galicia. Foi finalizado exitosamente co cento por cento de aprobados. Tras esta formación conseguíronse cinco insercións laborais dos participantes.

Esta acción formativa tiña como obxectivo principal sensibilizar aos traballadores sobre a importancia da prevención de riscos laborais no seu centro de traballo. Este curso é xenérico e válido para todos os sectores laborais.

Laura Manzano, unha das participantes, vai comezar a traballar en Amicos na área de limpeza, concretamente na lavandería: “Este curso axudounos a completar a nosa formación para a inserción laboral”, afirma Manzano, quen xa leva realizado tres cursos na área de emprego da mencionada asociación.

O acto de entrega estivo presidido de maneira presencial por Keltoi Cameán e Rosa Agrelo, membros da área de emprego de Amicos. “Estamos buscando que as empresas se adapten ao traballador para mellorar a empregabilidade e non sexa sempre á viceversa”, afirma Keltoi Cameán, respecto a outra inserción laboral que está pendente de adaptar o posto de emprego á persoa pola discapacidade que ten.

EN RISCO DE EXCLUSIÓN. A asociación Amicos está a desenvolver o proxecto Más Empleo en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. Este programa consiste na realización de itinerarios de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, prioritariamente con discapacidade, no ámbito do Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo para España.

15 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.