Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amicos remata con dúas insercións laborais o curso de controlador de accesos

Boiro. A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos clausurou este luns o curso de controlador de accesos pertencente ao seu programa Máis emprego, que desenvolveu en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo no centro social de Boiro.

Os quince alumnos e alumnas formados eran persoas desempregadas con algún tipo de discapacidade ou en risco de exclusión social.

O citado curso tivo unha duración de corenta horas presenciais. Juan Manuel Sanlés Perez, representante da empresa Ara Formación, foi o encargado de impartir as clases e, na súa intervención, destacou o interés e a gran implicación do alumnado.

Grazas a esta actividade formativa, dous alumnos xa encontraron un posto de traballo, ao que se van incorporar esta mesma semana.

Doutra banda, Keltoi Camean, coordinador da área de Alianzas e Emprego de Amicos, dixo que “a capacitación é unha parte máis do proceso para seguir avanzando na inserción sociolaboral”.

Entre os asistentes ó acto de clausura e entrega de diplomas ós alumnos tamén estiveron Rosa Agrelo e Marta Besada, técnicas da asociación Amicos no programa Máis Emprego, quenes quixeron agradecer ó alumnado o seu interés e a súa constancia nesta acción que leva a cabo a mencionada entidade do Barbanza durante este ano.

Amicos traballa xa noutras iniciativas para fomentar a inserción laboral das persoas con discapacidade. s. souto

03 oct 2022 / 15:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.