Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amicos xa recibiu o Entroido con sete animadas comparsas

Usuarios da entidade fixeron un desfile polas instalacións do centro integral // Emitírono polas redes sociais // Gañou a de ‘El rey león’

O Entroido chegou ao centro integral da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos de Boiro. Usuarios e traballadores do colectivo realizaron un concurso de comparsas coa participación de todas as aulas.

En total houbo sete comparsas de temáticas moi variadas: Los increíbles, El rey león, Superman y Superwomen, Tu cara me suena, Mario y Luigi, Toy Story e a dos Cociñeiros dos máis pequenos da citada entidade.

Os participantes enfrotáronse ao xurado coas súas mellores galas e ao ritmo da música facendo un desfile polas instalacións, xa que as condicións meteorolóxicas non acompañaron.

O comité do xurado estaba formado por traballadores das diferentes áreas de Amicos. Para respectar as medidas contra o COVID o desfile celebrouse por aulas burbulla, unha a unha e sen público.

Aínda así, para darlle calor ao ambiente, colocaron cadeiras baleiras coas fotos de moitos compañeiros para que se sentiran arroupados.

DOUS FESTIVAIS. Para que familias e amigos podeiran desfrutar do desfile fixeron unha retransmisión en directo a través das redes sociais. Primeiro arrancou o desfile no centro integral da asociación, en Boiro, e pola tarde tivo lugar o do CEEPR Amicos cos usuarios e usuarias máis pequenos. Todos os asistentes á festa organizada tiveron tamén a oportunidade de votar para elexir cal era a súa comparsa favorita deste Entroido no que a pandemia derivada da COVID non consigue borrarlles o sorriso.

DISFRACES INDIVIDUAIS. O comité do xurado estaba formado por traballadores das diferentes áreas de Amicos. Os votantes tiveron realmente difícil a súa decisión, xa que os entroideiros tiñan uns disfraces moi preparados. Finalmente, a comparsa gañadora foi a de El rey león e o disfraz individual, un fermoso candelabro da película La bella y la bestia.

Por suposto, non faltaron nesta festa nin a música nin as larpeiradas típicas.

14 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.