Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amosa o BNG o compromiso coa planta de lixo lousamiá

Lousame. O BNG vén de sumarse ás reivindicacións das centrais sindicais e do colectivo de traballadores e traballadoras da Mancomunidade Serra do Barbanza, que reclaman garantir a continuidade do cadro de persoal, máis de 150 traballadores/as, do Complexo Medioambiental de Lousame a partir do ano 2023, período no que remata a actual concesión de FCC.

Os representantes municipais do Bloque dos concellos aos que presta servizo (Ames, Brión, Lousame, Rois, Noia, O Son, Muros, Carnota e Pontecesures), xunto cos deputados do Parlamento galego Rosana Pérez e Xosé Luís Bará, mantiveron unha xuntanza para analizar a situación na que se atopa a citada mancomunidade e solicitar a convocatoria dunha asamblea da entidade supramunicipal.

Insisten en que “a Mancomunidade debe dotarse dun novo órgano de xestión permanente. O actual modelo de rotación da presidencia e secretaría da entidade entre concellos non é operativo, polo que resulta fundamental a redacción dun novo convenio e licitar o servizo antes de finalizar a actual concesión administrativa no ano 2023”.

Asemade, avanzaron que solicitarán a colaboración institucional da Xunta. m. c.

18 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.