Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ampliación de horarios e matrícula de balde na piscina de Porto do Son

O SON. A piscina municipal de O Son vén de ampliar o horario. “Ante a demanda e listas de espera xeradas pola convocatoria dos cursos, amplíase o horario da instalación, que pasa a abrir polas tardes ás 16.00 horas, sumando unha hora para o público en xeral”, explicou o edil de Deportes, Juan Pouso. O Concello decidiu ofrecer a matrícula gratuíta para a captación de abonados dende o pasado vernes ata o 30 deste mes. Asemade, continúa a actividade de aquagym, de balde para os abonados, con máis horarios e prazas que as ofertadas no curso pasado. Por outra banda, está en marcha a escola de triatlón Trisón, coa colaboración do club Artrogal, para rapaces de 6 a 9 anos (martes e xoves de 19.00 a 19.45) e de 10 a 14 (mércores e venres de 19.45 a 20.30) na piscina municipal, e os luns no pavillón David Vidal de 18.30 a 20.30 horas. e. p.

09 oct 2021 / 17:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.