Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Andaina solidaria e Belén de Cumes en Lousame

LOSUAME. O Concello de Lousame vén de abrir as inscricións no Pequetrail, Trail de Lousame 2022 e Andaina Solidaria/Belén de Cumes, tres iniciativas deportivas que terán lugar o sábado 3, o domingo 11 e o sábado 17 de decembro, respectivamente. As persoas que desexen participar xa poden anotarse na web www.emesports.es. Polo que respecta á Andaina Solidaria e o Belén de Cumes, partirá ás 10.00 horas da praza do Concello de Lousame e chegará ao mosteiro de Toxosoutos ás 13.00 horas, onde as persoas camiñantes serán recibidas con panxoliñas e chocolate con churros. Unha andaina de 10 quilómetros que este ano mestura dous eventos tradicionais no municipio: a andaina solidaria de fin de ano coa tradición de montar o Belén de Cumes, un típico Nacemento con figuras de gran tamaño que cada ano se adoita montar nunha igrexa e que queda aló para a súa contemplación pola veciñanza desa parroquia durante o Nadal. m. c.

04 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.