Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
As novas obras céntranse na renovación da cuberta, reforma das carpinterías, adaptación dos aseos e colocación dun novo sistema de calefacción // Dende a Xunta de Galicia vanse investir un total de 180.000 € na actuación TEXTO María Cano

Anuncian melloras no centro sociocomunitario de Muros

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou onte que a Xunta de Galicia investirá 180.000 euros para reformar o centro sociocomunitario de Muros, cuxo proxecto se atopa en fase de redacción. Durante a visita que realizou ás instalacións, a representante do departamento autonómico estivo acompañada da alcaldesa muradá, Inés Monteagudo Romero.

A conselleira de Política Social explicou que o obxectivo do Goberno galego é continuar traballando para mellorar os servizos do concello de Muros. Nesta liña, lembrou que “nos últimos anos vimos de facer distintas obras de mellora no inmoble por un importe de 60.000 €, centradas na renovación e conservación das carpinterías interiores, e en 2021 imos continuar traballando para mellorar as instalacións”.

As novas obras que se proxectan céntranse na renovación da cuberta, na mellora das carpinterías da planta baixa, na adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida e na colocación dun novo sistema de calefacción. Esta adecuación das instalacións procura “mellorar o confort de todos os maiores que acoden a este centro”, salientou ao respecto a conselleira.

Neste sentido, García enmarcou estes traballos “nunha aposta máis da Xunta de Galicia para continuar traballando no benestar das persoas maiores, que se sintan cómodas vivindo neste concello. Tamén seguirá mellorando o centro de día, que forma parte da rede autonómica, e ao que acoden moitos usuarios”.

Asemade, a representante do Executivo galego lembrou que nestes momentos os centros sociocomunitaios de toda Galicia aínda permanecen pechados polas limitacións das autoridades sanitarias pola COVID. Sobre a súa reapertura avanzou que “estamos convencidos de que en próximas datas xa van poder abrir as súas portas, poder recibir a todas as persoas maiores e que cada centro sociocomunitario, dependendo da incidencia do coronavirus en cada concello, poderá ir retomando as actividades que viña facendo ata esta pandemia sanitaria”.

Pola súa parte, a mandataria local mostrou o seu agradecemento pola visita da conselleira de Política Social e resaltou “a intervención que xa levan un tempo facendo no centro sociocomunitario, o cal está enclavado no corazón do casco histórico muradán, cando ademais vimos de celebrar os cincuenta anos da declaración do conxunto histórico-artístico da vila de Muros. Unha actuación que pon de relevo a beleza deste patrimonio, aínda que tamén os inconvintes que ten estar nesta área, que tamén ten os seus, pois é unha zona de moita auga e cuns problemas que teñen que solucionar”.

Ademais, Inés Monteagudo tamén aproveitou a visita de Fabiola García para facer algunha demanda sobre diversas cuestións que necesitan no Concello, como por exemplo a adquisición dunha nova furgoneta de transporte adaptado.

Convén destacar o importante papel que xogan os centros sociocomunitarios na Comunidade galega, nos que destaca a ampla oferta de actividades que se desenvolven, especialmente dirixidas á poboación maior, que permiten que os veciños e veciñas gocen dunha vida activa e que teñan neste tipo de dependencias o seu epicentro de lecer.

A PROTAGONISTA
SERVIZO DE ASISTENCIA AOS MAIORES QUE VIVEN SÓS
Inés Monteagudo Romero
Alcaldesa de Muros

A alcaldesa de Muros resaltou que se trata “dun investimento importante” para acometer unha nova actuación “nun edificio moi bonito, emblemático, pero que necesita reparacións”. Indicou que a estas dependencias acode “moita xente do municipio” e nelas impártense numerosas actividades. “É un lugar de encontro social e, en canto se abra, os maiores terán aí un centro renovado no que poderán desfrutar do seu tempo libre en boas condicións”, dixo.

Así mesmo, Inés Monteagudo aproveitou a visita para comentarlle á conselleira de Política Social diversas cuestións sobre xestión relacionadas tanto co centro de día da localidade como da escola infantil A Galiña Azul. Recordar que ambos servizos son xestionados polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e os traballadores están en folga indefinida despois de que a Xunta anunciase procesos selectivos de persoal.

Por último, a rexedora lembrou que “durante toda a pandemia prestamos un servizo de asistencia a maiores que viven sós, para proporcionarlle medicamentos ou alimentos, o cal tivo moi boa acollida porque facía falta”. Servizo que se mantén a algúns usuarios “porque consideramos que o seguen necesitando polas súas características”. Pode solicitarse no departamento dos Servizos Sociais do Concello (981 762 465).

{ BLANCO O NEGRO}
Redoblar esfuerzos
María Cano

La pandemia nos ha hecho pensar, más si cabe, en los cuidados de nuestros mayores. Todos los servicios son pocos para ellos, pues aunque la longevidad es importante, más lo es la calidad de vida para poder seguir disfrutando de estos años. Por ello, reformar los centros sociocomunitarios, a los que cada día acuden muchas personas de la tercera edad, asegurando su bienestar y haciendo que las instalaciones se asemejen a sus propios hogares, es casi una obligación. Primar en las actuaciones las mejoras térmicas, la eliminación de barreras arquitectónicas... En definitiva, tratar de redoblar esfuerzos a favor del confort en estos edificios en los que se desarrollan multitud de actividades dirigidas, sobre todo, a la población mayor.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.