Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Archivan a sentenza de derribo do ‘Maraxiña’

O Tribunal Superior de Galicia acordou a imposibilidade legal de executar a súa demolición

A Xustiza deu a razón ao Concello de Porto do Son e vén de archivar a senteza que condenaba á Administración local a executar o derribo parcial do edificio Maraxiña, construído sobre unha antiga conserveira na rúa Barranqueira, esquina coa avenida de Galicia.

Segundo explicaron onte fontes municipais, a licenza de primeira ocupación para as vivendas do portal número 2 de dito edificio, concedida polo Concello o 7 de agosto de 1998 sendo alcalde Ramón Quintáns, foi revogada por unha sentenza emitida polo Tribunal Supremo o 16 de xaneiro de 2003. Os motivos que alegou a parte demandante, o tamén exalcalde sonense Antonio González Groveiro, “foron que o executado non se axustaba á licenza, concretamente por un exceso de altura baixo, e o incumprimento da aliñación na rúa Barranqueira, que debería respectar un ancho mínimo de dez metros, mentres que en realidade nun punto tiña 9,84 metros”, puntualizaron.

A consecuencia da anulación da licenza de primeira ocupación sería a demolición do edificio. Sen embargo, a construción cumpre co PXOM de O Son aprobado no ano 2016, polo que se se chegara a levar a cabo a demolición podería volverse a construír tal e como está agora.

De feito, tras a aprobación do PXOM, a comunidade de veciños do Maraxiña promoveu o expediente de legalización, “e a xunta de goberno local do 21 de maio de 2018 outorgou a licenza de legalización” do inmoble, indicaron as mesmas fontes, quenes subliñan que, a pesar de todo, “o demandante continuou nos seus esforzos por derrubalo, instando continuamente ao TSXG a executar a sentenza”.

Presentado un incidente de imposibilidade legal de execución de sentenza promovido tamén polos propietarios, demostrando e acreditando ao Concello de Porto do Son o cumprimento do edificio coa normativa urbanística aplicable e o outorgamento da licenza. Finalmente, mediante unha orde do 15 de xaneiro de 2021, a Sala do Contencioso Administrativo do TSXG acordou a imposibilidade legal de executar a sentenza, ao considerar que o edificio está legalizado.

“Péchase un capítulo de vinte anos que supón un gran alivio tanto para os veciños do inmoble como para o Concello”, afirmou o rexedor de Porto do Son, Luis Oujo.

06 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.