Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
03:22
h

‘As mulleres da nosa vida’ na casa da cultura de Boiro ata o trinta e un

BOIRO. A casa da cultura de Boiro acolle durante este mes unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. As mulleres da nosa vida consiste nunha recompilación de fotos e textos realizados conxuntamente polos alumnos dos centros de ensino coa que se busca homenaxear ás mulleres importantes do alumnado. A concelleira de Educación, María Outeiral, visitou recentemente a mostra acompañada de profesorado dos centros participantes, que son o CEIP Santa Baia, o CEIP Abanqueiro e o CEIP Cespón. A exposición pode visitarse no vestíbulo e sala de exposicións da casa da cultura. Cómpre lembrar que dende o 8M o consistorio boirense alberga a mostra Muller, tradición e baile en Boiro, sobre a figura feminina no baile tradicional, con 25 fotos das asociacións Xilbarbeira, Pedra de Aroña, Abeloura, Nunca é Tarde e Cen Pliés. Permanecerá aberta ó público todo o mes e despois será itinerante. E a exposición Senlleiras, sobre as mulleres boirenses represaliadas, realizada pola entidade Unión de Muchachas grazas a un traballo de investigación sobre mulleres senlleiras da contorna que destacaron en diversas facetas, tamén estará durante todo o mes de marzo no centro social da localidade. m. t.

22 mar 2021 / 16:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.