Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Asfaltan a rúa Antón Paz, a zona do CEP Rey Eiras e un vial en San Lázaro

A Pobra. Recentemente finalizaron as obras de pavimentación en tres estradas do municipio da Pobra do Caramiñal, ao abeiro do Plan de Acción Social 2015 da Deputación Provincial da Coruña. Para dar conta delas, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos; e o arquitecto técnico municipal, Héctor Muñiz, desprazáronse ata a rúa Antón Paz Míguez, unha das vías incluídas no mencionado proxecto.

Nesta rúa realizouse a fresadura do firme existente, a roza e a limpeza do terreo con medios mecánicos, a retirada dos materiais escavados e a reposición do asfalto.

Tamén se interveu nunha pequena área de San Lázaro, concretamente na marxe dereita da AC-305, en dirección a Boiro, xunto á balaustrada do río Pedras, co obxectivo de acondicionar o espazo. Efectuouse así a limpeza e escavación da base existente para a aplicación de grava natural calcaria e, por último, a extensión de pavimento de formigón puído cunha capa de resina impermeabilizante.

Así mesmo, executouse a segunda fase da mellora do acceso na contorna do CEP Salustiano Rey Eiras. Segundo explicou o mandatario pobrense, os traballos consistiron na fresadura do firme, na retirada dos residuos e na aplicación dunha nova base de aglomerado.

A totalidade das actuacións levadas a cabo e que foron executadas pola empresa Ponciano Nieto S.L. contaron cun investimento de 9.649 euros, IVE incluído. s. s.

29 abr 2022 / 14:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.