Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Asfaltan viais e fan novas beirarrúas na área industrial de Espiñeira

O mal estado do firme obrigaba ós camións a deterse na metade da pendente de acceso

Boiro. O Concello de Boiro iniciou a execución de diversas obras para a mellora de infraestruturas viarias no polígono empresarial de Espiñeira, que inclúen pavimentado, sinalización e dotación de beirarrúas. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, supervisaron os traballos xunto co arquitecto municipal, Emilio Piña.

Con estas actuacións preténdese a mellora na vía de acceso ao polígono industrial, xa que os vehículos pesados teñen verdadeiras dificultades para subir, en especial cando están cargados e chove, debido á excesiva pendente e mal estado do firme, véndose na obriga de parar na metade da pendente.

“As actuacións que se pretenden co desenvolvemento deste proxecto son a pavimentación da vía principal de acceso ao polígono, a sinalización de marcas viarias na nova pavimentación e na primeira fase do recinto, a actualización dos paneis informativos existentes e o formigonado dun total de douscentos metros de beirarrúas que quedaran pendentes ó executar a segunda fase”, sinalou o rexedor.

O orzamento total dos traballos é de 142.753,43 euros, e vanse financiar con cargo a unha liña de subvencións da Consellería de Economía, Empresa e Innovación encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais.

O executivo boirense atende así unha das principais reivindicacións que os empresarios e usuarios do polígono levan tempo plantexando. s. s.

05 oct 2021 / 15:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.