Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Augas elimina un punto de vertedura na praia do Porto

Carnota. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertedura de augas residuais na praia do Porto, en Carnota. Os técnicos do Plan de Control de Verteduras detectaron o foco no marco dunhas labores rutineiras que desenvolvían no citado municipio para o control e seguimento dos puntos de vertedura existentes.

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe nunha rede de pluviais que desaugaba no mar na praia do Porto, a través dunha tubaxe de formigón. Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle ao ente municipal a execución das actuacións oportunas para eliminar a contaminación detectada.

Nunha nova inspección xirada á zona, o persoal dependente de Augas de Galicia corroborou a eliminación da vertedura tras a execución de obras na rede de saneamento existente no lugar, e polo tanto, o cese da contaminación.

Esta nova actuación en Carnota enmárcanse no labor inspector realizado por Augas de Galicia no marco do Plan de Control de Verteduras, unha ferramenta esencial para conseguir a máxima calidade das augas na Demarcación Galicia-Costa e detectar puntos sensibles nas redes de saneamento galegas. ecg

05 sep 2022 / 18:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.