Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira avanza na administración electrónica ca licitación de novas melloras

RIBEIRA. Contar cun Concello aberto os 365 días do ano, as 24 horas do día, os 7 días á semana, é o obxectivo que moveu ao goberno local ribeirense a emprender unha transformación dixital que agora vai dar un importante paso a través da licitación (por 315.148 €) dunha nova iniciativa encamiñada a implantación de novos servizos de e-administración ou administración electrónica. Con eles búscanse novas vantaxes para os cidadáns, ca simplificación de trámites, menos gasto de papel, novas prestacións como solicitude de citas ou seguimento de queixas e suxestións, etc.

Entre as melloras previstas figuran: unha nova sede electrónica, cun novo concepto no que esta sede non sexa unicamente un portal dentro da web; novos trámites con procedementos máis sinxelos para o cidadán; adoptar unha nova solución tecnolóxica para a presentación de documentos na Oficina de Atención Cidadá que vaian dirixidos a calquera administración a través do sistema de interconexión de rexistros, o que permitirá suprimir os envíos de papel de administración a administración ao xerar copias auténticas electrónicas da documentación presentada; propiciar a acreditación de representantes ou apoderados a través da Plataforma do Estado; posibilitar a interconexión coa Plataforma de Intermediación do Estado, de tal xeito que cando un cidadán inicie un trámite non teña que aportar a documentación acreditativa: copia do DNI, AEAT, Seguridade Social, Dirección Xeral de Tráfico, etc.; poder acceder á na nova sede electrónica autenticándose coa Cl@ve PIN, e non só co certificado dixital ou DNI electrónico como ata agora; poñer a disposición a carpeta cidadá Notific@ para que os cidadáns teñan nela todas as notificacións ou requirimentos que emita o Concello de Ribeira ou incluso outras administracións; xestionar a través da sede unha solicitude de cita cun departamento ou edil da Corporación ou con alcaldía; acadar unha solución tecnolóxica que permita a recepción, identificación e seguimento de avisos, queixas ou suxestións a través da web ou da app do Concello; e dispoñer dun tablón edictal único, o que posibilitará acceder a todas as publicacións oficiais do Concello nun mesmo apartado da nova sede electrónica.

Ana Barreiro Rego (concelleira de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá de Ribeira), acompañada do informático municipal, Ramón Martínez Becerra, explicou as grandes liñas mestras deste conxunto de actuacións, centradas na cidadanía e que foron plasmadas nun expediente de contratación logo de dedicar máis dun ano a identificar as necesidades existentes.

Todas estas melloras se irán implementando nun máximo de seis meses a partir da adxudicación do contrato. O prazo de presentación de ofertas expira o 14 de maio. Suso souto

04 may 2021 / 15:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.