Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axeitos presenta o xoves en Rianxo un libro sobre o poeta Manuel Antonio

RIANXO. O auditorio de Rianxo acollerá o vindeiro xoves día 18 ás 20.00 horas a presentación da obra Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos, coa participación do propio autor; do alcalde, Adolfo Muíños; de María Xesús Blanco, vicepresidenta da asociación cultural Barbantia; e de Roberto Abuín, de Axóuxere Editora. Asimesmo, no acto terá lugar unha intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga. A apertura e o peche musical correrán a cargo de Sara García Alcalde (clarinete) e Félix Iago Rodríguez Ramos (bombardino), da Escola e Música de Rianxo. A entrada será de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no email auditorio@concelloderianxo.gal, ata o día 17, de 09.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar nome completo, teléfono e se se trata de convivintes. s.s.

13 mar 2021 / 14:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.