Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Axudas para a adquisición de ordenadores na vila outense

Outes. O Concello de Outes anunciou este luns a convocatoria dunha liña de axudas económicas para a adquisición do seguinte material informático: ordenadores portátiles, ordenadores de sobremesa e impresoras.

Poderán solicitar estas axudas todos os alumnos e alumnas que durante o ano 2022 cursen estudos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional e Universidade, e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria (www.outes.gal). Indicar que non poderán solicitar estas axudas aqueles alumnos/as que fosen beneficiarios/as das mesmas na convocatoria do ano 2021.

O obxectivo desta convocatoria é “facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades, de trato e de acceso universal á educación en igualdade de condicións”. Achegaranse un máximo de 350 euros para as rendas de até 6.000 € de RPC (Renda Per Cápita anual) e de até un máximo de 200 euros para as comprendidas entre os 6.001 e os 8.000 euros.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Outes. O prazo será de vinte días naturais a contar desde este luns. ecg

21 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.