Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Barahúnda actuará este venres trece en Rianxo

RIANXO. O grupo musical Barahúnda ofrecerá un concerto o vindeiro venres día trece, ás 22.00 horas, no exterior do CEIP Castelao de Rianxo, enmarcado no ciclo Música da Noite do Verán Cultural 2021. Só se poderá asistir con reserva previa de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) antes do mediodía deste mércores día once. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio municipal. Por outra banda, o Concello rianxeiro organizou unha nova edición do festival Noites de Cine, no que se proxectarán as películas Ons e A illa das Mentiras, no marco do programa ao abeiro da Rede Cultural 2021 da Deputación Provincial da Coruña. Ons proxectarase este xoves día doce de agosto ás 22.00 horas no exterior do CEIP Castelao, e A illa das mentiras, o vindeiro xoves día dezanove ás 22.00 horas, no mesmo lugar. Ambas películas están recomendadas para maiores de doce anos. s. s.

09 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.