Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Barbanza avalía todas as medidas fronte ós lumes

Boiro. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo este venres un encontro cos responsables das diversas comunidades de montes do Barbanza, para avaliar a situación tras os incendios forestais rexistrados este verán na zona, así como as medidas tomadas ata o de agora.

Na reunión tamén participou Cristina Fernández, especialista do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que inspeccionou –xunto con outros técnicos– dende o pasado 9 de agosto a zona, e priorizou a súa valoración. Así, explicou os detalles da afección e as medidas a tomar para previr a erosión no chan.

Neste sentido, trasladou que a afectación nos solos foi en xeral baixa, e só moderada en puntos concretos nos que se levarán a cabo medidas paliativas de recuperación para evitar a erosión do chan.

O Goberno galego xa se adiantara a facer traballos paliativos na contorna do Barbanza para evitar os arrastres das cinzas nas áreas delimitadas polos técnicos de Augas de Galicia en coordinación cos do CIF de Lourizán. De feito, tralas chuvias rexistradas a pasada semana, os técnicos do CIF de Lourizán descartaron calquera arrastre de cinzas, confirmando que non houbera afectación aos bancos marisqueiros. ecg

16 sep 2022 / 20:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.