Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Barbanza vai regular o luns a xestión do futuro parque arqueolóxico

Crearase o órgano que tutelará o proxecto para poñer en valor cinco castros da zona

Ribeira. A Deputación da Coruña e os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Rianxo asinarán este luns o convenio que regulará a comunidade intermunicipal para a xestión do futuro Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro: Os Castros dos Praestamáricos.

“Trátase de dar un impulso definitivo por un turismo sostíbel e de calidade. De sempre, o turismo responde a valores seguros como as nosas praias, a paisaxe ou a gastronomía, mais contamos tamén cun riquísimo patrimonio que é de especial interese neste tempo en que o sector ten que botar man de todas as ferramentas para recuperarse da crise provocada pola pandemia”, sinala o deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira.

No caso do citado parque, o castro de Isorna, en Rianxo; os de Neixón e Achadizo, en Boiro; o de Croa de Postmarcos, na Pobra, e o Castro da Cidá, en Ribeira, son algúns dos recursos dun proxecto que terá identidade propia coa posta en valor do patrimonio vinculado á Idade de Ferro.

O proxecto desenvolverá, entre outras, accións de protección e sinalización de recursos, deseño e realización de rutas, ademais de implemantación de novas ferramentas para a súa difusión.

O obxectivo da comunidade intermunicipal é a posta en valor do patrimonio arqueolóxico existente nos respectivos termos municipais, no marco das competencias propias que lle corresponden en materia de promoción económica, desenvolvemento territorial e turismo, según a institución provincial. s. s.

07 may 2021 / 15:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.