Baroña formará a futuros apicultores nun curso práctico
porto do son. A comunidade de montes de Baroña organiza o sábado 31 de xullo e os días 7 e 14 de agosto, de 09.00 a 13.30 horas, un curso práctico de iniciación á apicultura en ecolóxico. Desenvolverase na casa forestal, xunto ao campo de fútbol municipal, e os participantes “poderán aprender de forma moi amena os conceptos básicos sobre as abellas e as colmeas e adquirir os coñecementos necesarios para poder comezar co seu propio apiario”, sinalaron dende o colectivo organizador. O curso é gratuíto e as prazas son limitadas, polo que os interesados deberán inscribirse previamente chamando ao 679 156 855. Respectaranse todas as medidas sanitarias en vigor. m. t.
29 jul 2021 / 19:56
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.