Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro abre as inscricións no campamento de Nadal

Boiro. O Concello de Boiro, a través da concellería de Educación e Cultura, desenvolve este Nadal un campamento de conciliación. As inscricións para participar abren o vindeiro luns día 21 e poderanse formalizar ata o 9 de decembro na web municipal.

Este campamento de Nadal vaise desenvolver os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2023 en horario de 8.00 a 14.00 horas ou de 9.00 a 14.00 horas na casa da cultura de Boiro. O prezo da iniciativa será de 50 euros por cada neno, habendo descontos para familias con dous ou máis nenos que participen no campamento e tamén para persoas en exclusión social.

A proposta está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e empadroados no municipio boirense. O obxectivo deste obradoiro é ofrecer unha proposta de conciliación á vez que se ofrece unha alternativa lúdica e educativa durante o período das vacacións con actividades, saídas culturais, teatro ou xogos. As bases e toda a información sobre o Campamento de Nadal está a disposición dos interesados na web municipal (boiro.gal) ou na casa da cultura. m. c.

19 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.